A Universidade de Santiago de Compostela estivo, e volvera a estar, temporada electoral. O día 5 de Maio tivemos eleccións a reitor, a claustro e a consellos de departamento.
Nas eleccións a reitor ocorreu unha cousa, que non ocorrera antes en ningunhas das eleccións que houbo na USC que é o feito de houbera sete candidatos a reitor:
- Juan Varela Durán
- Juan Casares Long
- Lourenzo Fernández Prieto
- Laura Sánchez Piñón
- Pilar Bermejo
- Mercedes Brea
- Jaime Gómez
Juan Varela Durán foi apoiado pola plataforma Converxencia Universitaria, Lourenzo Fernández Prieto por Universidade Aberta e Mercedes Brea pola PUPA(Plataforma Universitaria Progresista), o resto de candidatos foron apoiados por membros individuais das distintas plataformas de profesores.
Celebradas as eleccións do 5 de Maio, os resultados deron paso a dous candidatos que van a unha segunda volta que será o 24 de Maio: Juan Casares Long e Lourenzo Fernández Prieto.
Casares Long Reitor!!!!!
ResponderSuprimir